Solapas principales

>Estrea da curtametraxe "Raíces. Da utopía en diante"

Sábado, 30 noviembre, 2024
A partir das 19:30 horas

A curtametraxe "Raíces. Da utopía en diante" estréase no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Ás 19.30 horas comezarase cunha alfombra verde e un photocall con gran parte do elenco actoral. A proxección será arredor das 20.00 horas e, posteriormente, haberá un coloquio das actrices co público e as entidades impulsoras, Feitoría Verde e Illa Bufarda.

A curta está ambientada nun Ames utópico de 2074, protagonizada por un grupo de mulleres da parroquia de Biduído. As cooperativas Feitoría Verde e Illa Bufarda son as entidades promotoras do proxecto, que conta co financiamento da Fundación Daniel e Nina Carasso e o Concello de Ames, entre outras. A curtametraxe ten como obxectivo amosar un futuro posible e desexable; un futuro esperanzador que, partindo da realidade cotiá dun grupo de mulleres, convide a imaxinar outra forma de facer e de relacionarse, entre nós e coa propia natureza. Medio ambiente, xénero, rural e comunidade son os piares dunha historia que aspira a facernos ver o mañá doutro xeito.

Ames, 2074. Anos despois da revolución climática, Biduído está repleto de árbores autóctonas. Escoitamos paxaros. Vemos varias placas solares nos tellados das casas, moitas delas tradicionais. A xente traballa ao lonxe nas hortas comunitarias...

Así comeza a curtametraxe e así imaxina o seu concello o grupo de mulleres que participa no proxecto “Do Desequilibrio aos soños compartidos”; unha iniciativa de Educación Ambiental centrada na emerxencia climática que, a través dunha metodoloxía interxeracional, busca imaxinar un futuro sostible para inspirar os cambios que esixen os retos ambientais presentes.

Multimedia

  • Embedded thumbnail for