Solapas principales

>Excursión: Viaxando con Rosalía

Sábado, 17 febrero, 2024
A partir das 9:30 horas

O sábado 17 de febreiro organízase unha excursión literaria á casa de Rosalía de Castro, en Padrón, con paradas en Ortoño e Bastavales. A viaxe partirás ás 9:30 horas do Milladoiro, e ás 9:45 de Bertamiráns; a volta está programada para as 14:30 horas. As persoas interesadas en asistir deben inscribirse entre o 8 e o 15 de febreiro, enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal ou chamando ao teléfono 662 377 215.

A viaxe estará guiada pola especialista rosaliana María López Sández, e durante o percorrido os participantes achegaranse á vida, pensamento, figura e obra de Rosalía de Castro, facendo especial fincapé na relación da escritora co concello de Ames.