De Jueves, 4 Marzo, 2021 hasta Sábado, 13 Marzo, 2021
- Tipo
- Tematica
Co obxectivo de achegar recursos relacionados coa igualdade e difundir o papel das mulleres na sociedade en igualdade, as bibliotecas municipais de Ames, dende o xoves 4 ata o 13 de marzo, presentará unha exposición temática con fondos para adultos e infantís relacionados coa muller e a igualdade. Ademais, poderase desfrutar dende a súa páxina de Facebook.
Nesta actividade mostraranse vídeos con mulleres de diferentes profesións no concello de Ames xunto con recomendacións de lecturas infantís.