De Lunes, 8 Abril, 2024 hasta Domingo, 21 Abril, 2024
- Tipo
- Tematica
Entre o 8 e o 21 de abril, na Casa da Cultura de Bertamiráns estará a exposición “50 anos. Cambiando a historia do cancro”, na que se recollen exemplos dos avances científicos en cancro que nos últimos anos permitiron mellorar a vida dos pacientes. Esta mostra conmemora o cincuenta aniversario do apoio da Asociación Española Contra o Cancro á investigación oncolóxica, e destaca logros como o desenvolvemento de novas estratexias de medicina personalizada para tratar os tumores de cabeza e pescozo, ou o estudo da predición da resposta ás terapias en cancro colorrectal. Algúns destes resultados de investigación expostos foron realizados na provincia da Coruña polos investigadores Dr. Ángel Carracedo e Dra. Kelly Conde
