- Tipo
- Tematica
O vindeiro luns, 21 de outubro, ás 17.00 horas, inaugurase á exposición de fotografía EspadELA. Trátase dunha exposición sobre feminismos e ruralidades, que estará no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, do 21 ao 31 de outubro. Esta mostra fotográfica é unha iniciativa da cooperativa Arabías, que chega ao concello de Ames da man da Concellaría de Benestar Social. Esta exposición está composta por unha escolma de arredor de 40 retratos grupais e individuais. As mulleres que participan expresan temas de interese como as diversidades, a relación co territorio, os activismos, a comunidade, os coidados das persoas maiores e dependentes, da terra ou da cultura e do patrimonio inmaterial. As mulleres que participaron son dos concellos de Ames, Arzúa, Boiro, Brión, Carballo, Ordes, Touro ou Santiago de Compostela.
Esta exposición é unha iniciativa da cooperativa Arabías na que se trenzan os corpos, as voces e as palabras de 58 mulleres a través dun proceso de construción colectiva. Estas imaxes pretenden expresar as múltiples realidades que habitan nos contextos rurais galegos apoiándonos na mirada dos feminismos. Así, esta escolma de retratos transmite o que pode ser o común do territorio e as mulleres diversas que o arroupan.
Esta exposición está composta por unha escolma de retratos grupais e individuais (arredor de 40). As mulleres que participan expresan temas de interese como as diversidades, a relación co territorio, os activismos, a comunidade, os coidados das persoas maiores e dependentes, da terra ou da cultura e do patrimonio inmaterial. Todos estes elementos están tratados dende a perspectiva feminista a partir da participación activa das súas protagonistas. As mulleres que participaron son dos concellos de Ames, Arzúa, Boiro, Brión, Carballo, Ordes, Touro ou Santiago de Compostela.
Charo Lopes é veciña da comarca do Barbanza. Xornalista e fotógrafa especializada en retrato, envolveuse no trenzado entre as diferentes participantes do proxecto, procurando unha representación próxima e honesta das mulleres nos seus contextos. Cada sesión foi unha celebración, un xogo no que compartir froita, no que aprender a colocarse na postura da dignidade e no que a forza e sororidade se proxectaron para alén das luces e cores do particular.