Sábado, 9 noviembre, 2019
Ás 10.30 horas
- Tipo
- Tematica
Para participar nesta actividade é necesario inscribirse antes das 14.00 horas do xoves 7 de novembro a través dun correo electrónico ao enderezo sanidade@concellodeames.gal ou do teléfono 649 450 264. É gratuíta, e conta con servizo de autobuses dende Milladoiro e Bertamiráns.
As Concellerías de Benestar Social e Transición Ecolóxica de Ames organizan unha andaina saudable pola Ruta do Tambre que culminará cun almorzo saudable grupal. O obxectivo desta iniciativa é ofrecer unha alternativa extraordinaria á trintena de andainas xa programadas ao amparo do programa SaúdeAndo ademais de animar aos amesás a practicar actividade física.