Solapas principales

>Festa Apego

Sábado, 19 junio, 2021
De 11.00 horas a 20.00 horas.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, organiza a segunda Festa do Apego de Ames, que se desenvolverá o sábado 19 de xuño. As actividades desenvolveranse no Pazo da Peregrina. Haberá teatro infantil, contos, concertos, xogos e moitas actividades máis. Ademais, varias librarías ofrecerán un 10% de desconto en materiais infantís en galego durante toda a xornada. O prazo de inscrición está aberto do 9 ao 16 de xuño. Deberase enviar un email ao correo normalizacion@concellodeames.gal coa folla de inscrición, indicando a actividade á que se quere asistir, nome e apelidos das persoas solicitantes, idade das crianzas e teléfono de contacto.

Os eventos comezarán con “Derriba da lúa”, de Vero Rilo e Sonsoles Penadique, ás 11.00 horas. Trátase dunha narración oral e música para arrolar, cantar, xogar e medrar libres como paxaros. Esta actividade está dirixida a nenos e nenas de 0 a 3 anos.

A xornada continuará ás 12.00 horas co espectáculo “As Armadanzas”, dirixido a un público familiar. Montse Rivera e Mercedes Prieto levarán a cabo un baile, animación e contos para mover o corpo e a imaxinación sen saír do asento.

Ás 13.00 chega ao Pazo “Outra vez!”, un contacontos dirixido por Vero Rilo. Os nenos e nenas maiores de 3 anos poderán desfrutar dunha selección de pequenas alegrías. Unha escolma de contos de aquí e de alá para contar sen parar.

Actividades pola tarde

A tarde do sábado continúa coa programación. Pablo Díaz e Olga Kirk realizarán un concerto, “Canta música”, ás 17.00 horas. Este espectáculo, dirixido a un público familiar, mestura música tradicional coas cancións máis modernas de Pablo Díaz.

Unha obra teatral representarase ás 18.30 horas. “Estrazalonia”, do Baúl da tía Lola, é un teatro, dirixido a nenos e nenas de 1 a 6 anos, que pretende estimular os sentidos do a través das emocións, sensacións, da sorpresa e da ilusión.

A II Festa do Apego rematará ás 20.00 horas cunha actividade, dirixida por Uxía Lambona e a Banda Molona, orientada a un público familiar. Trátase dun "desconcerto" cheo de bailes, xogos, coreografías e algunha que outra sorpresa.

Actividades permanentes
Ao longo de todo o día haberá dúas actividades que estarán de xeito permanente, en horario de 10.00 a 20.00 horas, no Pazo da Peregrina. Unha delas será o Espazo Apego, con información sobre o programa Apego e os recursos que a pon a dispor das familias. A outra actividade permanente será o Espazo Recursos, no que haberá unha ampla mostra de recursos para facilitar a crianza en galego (contos, música, xogos…) e asesoramento. Como novidade, este ano tamén estará dispoñible un Espazo de Xogos de mesa en galego para todas as idades deseñados e creados por Brazolinda.

Descontos en librarías
Outra das novidades desta II edición e que, as librarías Lenda, Máinomen, O Tinteiro e Nenos Nais, ofrecen un desconto do 10% en materiais infantís en galego durante toda a xornada.