- Tipo
- Tematica
Un ano máis, o Concello de Ames, en colaboración coa asociación Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), organiza unha programación de Entroido que se desenvolverá entre o mércores 26 de febreiro ata o venres 7 de marzo, con actividades que buscan, un ano máis, a colaboración da veciñanza e asociacións do concello. Ademais, mantéñense as localizacións dos actos establecidas o ano pasado, polo que o desfile de disfraces será no Milladoiro e o desfile e concurso infantil será en Bertamiráns. Deste xeito, búscase establecer e manter nunha mesma localidade cada unha das actividades do Entroido.
O luns 3 de marzo farase a festa e concurso infantil de disfraces. Será na Praza da Maía a partir das 17.00 horas. Ademais, haberá música da man, un obradoiro de maquillaxes, e máis actividades para que a cativada goce dunha tarde do máis divertida. O concurso está dirixido ao público infantil (poderán participar nenos e nenas de ata os 12 anos cumpridos e poderán participar ben de forma individual ou en grupos). Os nenos/as para participar terán que estar baixo a responsabilidade dunha persoa adulta, que actuará como representante para todos os efectos que se deriven deste concurso.
