- Tipo
- Tematica
A parroquia de Agrón celebra este sábado 7 e domingo 8 de outubro as festividades na honra de San Andrés e a Virxe do Rosario. Durante a fin de semana haberá misas e procesións, así como verbenas e sesións vermú. Neste senso, o Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, colaboran coas festas a través do programa “Música nas parroquias”, coa actuación da banda municipal de Brión. Haberá carpa, servizo de cantina no campo da festa e aparcadoiro gratuíto.
A parroquia de San Lourenzo de Agrón celebra este sábado 7 e domingo 8 de outubro as festas na honra de San Andrés e da Virxe do Rosario. As celebracións están organizadas pola Asociación Cultural e a Comisión de festas de San Lourenzo de Agrón, e contan coa colaboración do Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura.
A primeira xornada de festa, o sábado 7, comezará con pasarrúas polas aldeas da parroquia a partir das 9.30 horas a cargo da charanga Os Celtas. Posteriormente, ás 13:00 horas haberá unha misa solemne na honra de San Andrés. A continuación haberá sesión vermú, a cargo da charanga Os Celtas e do grupo Mar de Arousa. Pola noite haberá verbena co grupo Mar de Arousa e a disco móbil Chocolate.