- Tipo
- Tematica
O Concello de Ames presenta a programación infantil con Apego para o primeiro semestre do 2025 na que colaboran os departamentos de Bibliotecas, Cultura e Normalización Lingüística. O programa inclúe arredor de 40 actividades dirixidas a familias con crianzas que se desenvolverán entre os meses de xaneiro e xuño. Na ampla variedade de propostas, coas que tamén se festexará o ano das cantareiras, podemos atopar actividades que van desde arrolos, música de diferentes estilos, obradoiros, teatro, contos, picadiscos, novo circo, unha foliada, fotografía, xogos, unha viaxe, maxia e unha festaza con moito Apego, todas elas co obxectivo de achegarlles ás familias recursos lúdicos e culturais que estimulen o coñecemento e o apego pola lingua.
O día 20, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, realizarase un obradoiro de cianotipia con Alouette Machine, "Fotografando as herbas de San Xoán". Nesta actividade, as crianzas realizarán fotocomposicións empregando a luz do sol e da agua e, ademais, coñecerán as herbas da época de san Xoán, poñendo en valor a lingua e o noso patrimonio cultural e ambiental.
A inscrición desta actividade está aberta dende o día 12 ata o 19 de xuño. Para participar, só hai que mandar un correo ao enderezo electónico normalizacion@concellodeames.gal. Para máis información, podes poñerte en contacto co servizo de Normalización Lingüística chamando ao número de teléfono 662 377 215.
![](https://www.concellodeames.gal/sites/default/files/eventos/imagenes/2025/01/portada_programcion_apego_ames_primavera_2025_11.jpg)