- Tipo
- Tematica
A principal actividade do XIV Festival de Maxia de Ames será a Gala Máxica Internacional, da que se realizarán catro pases. Este ano como novidade amplíase unha sesión máis para dar cabida a todo o público que ano tras ano queda sen entrada para ver esta gala máxica. Nesta edición participarán nela as magas Magica Gilly e Gaia Elisa Rossi e os magos Dani Polo e Xulio Merino. A Gala Máxica estará presentada por Pepín Banzo.
Así, o sábado, celebraranse dúas funcións da gala na Casa da Cultura de Bertamiráns, e o domingo outras dúas sesións na Casa da Cultura do Milladoiro. A primeira función será ás 17.30h e a segunda ás 20.00 horas.
En canto a cada un dos espectáculos da gala, o da famosa maga Gaia Elisa Rossi é un dos máis sorprendentes da gala, realizando unha crítica ós estereotipos da sociedade a través da maxia. Outro prato forte é Xulio Merino, que realizará grandes trucos de maxia con esponxas, ou Magica Gilly, cun espectáculo máxico “sen barreiras”. Con respecto a Dani Polo, mago e produtor de Abarajar Producciones, declarou no acto de presentación que actuará cun número novo, con maxia de gran formato gracias a espectáculos de pirotecnia e iluminación.
As entradas para asistir á Gala Internacional de Maxia pódense mercar na billeteira electrónica do Concello de Ames. As entradas teñen un custo de 2 euros para maiores de 18 anos e a metade para menores. Para máis información pódese chamar ao teléfono 981 535 940/662 377 444 ou a través do correo electrónico cultura@concellodeames.gal.