- Tipo
- Tematica
O Concello de Ames retoma a Mostra de Teatro Afeccionado, actividade que levaba sen celebrarse desde a súa última edición no 2019. O ciclo teatral, organizado polo Concello e a Escola Municipal de Teatro de Ames, acollerá as actuacións de diferentes grupos de teatro non profesionais dos municipios de Ames, Teo, Brión, Outes e Ribeira ao longo de cinco xornadas nas que se poñerá en valor a cultura e a lingua galega. A segunda sesión teatral estará a cargo de Teatro das Maniotas, o grupo teatral do IES de Brión, que representará a obra Ibáñez Cabaré, na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 20.00 horas.
Mario Montoro morre á saída do seu traballo no cabaret, e todo o mundo está seguro de que foi María, a súa parella. Pero as dúas policías encargadas do caso non se aclaran coas pistas, e non son quen de resolver a investigación. Ao mesmo tempo, os traballadores e traballadoras do cabaret fan as súas pesquisas, e conviven coa presunta asasina, mentres bailan e cantan cos distintos personaxes que homenaxean ao grande Ibáñez nunha explosión de cor e música.
As entradas poden adquirirse xeito gratuíto na Billeteira electrónica. No caso de haber billetes dispoñibles, tamén se poden coller o propio día do espectáculo na Casa da Cultura do Milladoiro.