Sábado, 23 abril, 2022
- Tematica
A programación do Mes da Saúde de Ames péchase o sábado, 23 de abril coa celebración simultánea da segunda edición da Feira da Saúde e Ben-Estar e da primeira xornada sobre saúde mental infanto-xuvenil de Ames, Coidados á mente. Un total de 14 asociacións (ALCER, ANEDIA, ACEGA, AGADEA, ACEM, AECC, ASANOG, Fonte da Virxe, Alcohólicos Anónimos, QuerENDO, AMICO, AGAPA, CON-ARTITRIS E AEPNAA) montarán os seus stands na zona exterior da Casa da Cultura de Bertamiráns co obxectivo de proporcionar información a todas aquelas persoas que se acheguen por alí. Preme aquí para consultar o itinerario do Mes da Saúde ao completo.