Solapas principales

> III Trail e Andaina Ribeiras do Tambre

Domingo, 20 febrero, 2022

O Concello de Ames e a Federación Galega de Atletismo organizan a III edición do “Trail e Andaina Ribeiras do Tambre”, que se desenvolverá o próximo 20 de febreiro. A saída do trail terá lugar ás 10:00 horas dende Ponte Maceira. Cinco minutos máis tarde, e desde o mesmo lugar, sairá a andaina. Para participar é necesario inscribirse en carreirasgalegas.com ou en emesports.es. O prazo remata o 16 de febreiro ás 23:59 horas. A proba enmárcase dentro da especialidade atlética do trail-running e estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo. Poderá participar calquera deportista, estea ou non federado. Os inscritos e inscritas correrán cunha licenza de día de trail-running, que incluirá un seguro de accidentes deportivos e de responsabilidade civil.

Ponte Maceira será o punto de saída, tanto para o trail como para a andaina. Ás 10:00 horas sairán os participantes no trail, que percorrerán unha distancia de 16 quilómetros aproximadamente.

A meta estará instalada no Real Aeroclub de Santiago, nas instalacións que teñen na parroquia de Piñeiro.Cinco minutos despois, ás 10:05 horas, procederase á saída da andaina. Neste caso, a meta é a mesma e a distancia un pouco menor, duns 15 quilómetros.

Tanto os participantes do trail como os da andaina serán trasladados en autobús dende o Real Aeroclub até o punto de saída en Ponte Maceira, a partir das 8:30 horas.

Pódese consultar o regulamento completo do evento premendo nesta ligazón.