Solapas principales

>III Xornadas de Saúde Mental

Viernes, 3 mayo, 2024
A partir das 16:30 horas

O Concello de Ames organiza as III Xornadas de saúde mental, que nesta ocasión versarán sobre a saúde mental infantoxuvenil no ámbito educativo. Terán lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns, e están dirixidas a profesionais que traballen con nenos e rapaces (persoal sanitario, de servizos sociais, equipos de prevención...) pero tamén ás familias e a todas aquelas persoas que estean interesadas no benestar psicolóxico. As persoas interesadas en participar nesta xornada poden inscribirse de balde, enviando un correo ao enderezo electrónico xornada.ames@gmail.com e indicando nome e apelidos, lugar de residencia, se a asistencia será presencial ou en streaming, e preferencia por un dos dous talleres de tarde simultáneos. As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición

O programa dará comezo o venres 3 de maio, arredor das 16:30 horas, coa apertura e a recepción da documentación. Unha vez inaugurada a xornada terá lugar o primeiro obradoiro, “Estímame, estímome, estímote”, sobre como acompañar o benestar emocional e a saúde mental nas aulas. Será impartido polo equipo do Instituto da Infancia e Adolescencia de Barcelona.

A continuación, tras unha pausa de descanso activo e aperitivo saudable, ás 19:00 horas desenvolverase o segundo obradoiro, titulado “Pantallas, móbiles e adolescencias”. Estará impartido por José Ramón Ubieto, psicólogo clínico membro da Asociación Mundial de Psicanálise e colaborador docente da Universitat Oberta de Catalunya, a Universidade de Barcelona e a Universitat Ramón Llul.