Domingo, 10 marzo, 2019
Ás 9.30h
- Tipo
O Club de ciclismo Os Esfola Arrós e o Concello de Ames traen, por cuarto ano consecutivo, unha das probas do circuíto Transgalaica a territorio amesán. Así, este domingo o municipio acollerá a segunda proba do circuíto Transgalaica 2019, que partirá do Pazo da Peregrina ás 9.30h e percorrerá distintos puntos da xeografía do concello. Na proba participarán un total de 426 persoas, das que 408 están inscritas na competición e 18 a farán como cicloturistas.