O Concello de Ames oferta para o primeiro semestre de 2025 unha programación de artes escénicas composta por un total de 13 obras, de teatro, danza e circo, dirixidas para público adulto e infantil. A primeira das actuacións dirixida para público familiar e infantil será a da peza de teatro xestual "Kyoki", da compañía Elefante Elegante, que se representará o 31 de xaneiro, ás 18.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica a partir do 8 de xaneiro.
A primeira das dúas obras dirixidas para público infantil será “Kyoki” e representarase o 31 de xaneiro, da man da compañía Elefante Elegante. O espectáculo representarase ás 18.00 horas no auditorio do Milladoiro e está dirixido a nenos e nenas a partir dos 3 anos. A obra, representada a través dunha linguaxe textual, evoca a múltiples situacións e temáticas como a vellez ou a soidade.
O espectáculo trata a temática da memoria, da vellez, da demencia, da soidade e da dura e esixente tarefa de coidar as persoas maiores e enfermas. A través dunha linguaxe xestual impulsada pola interacción constante co dispositivo escénico, o espectáculo evoca múltiples situacións e personaxes que dun xeito ou doutro podemos recoñecer. Kyoki signica “demencia” en xaponés e refírese a unha alteración da capacidade para recordar, pensar ou tomar decisións. É certo que adoita aparecer en persoas de idade avanzada, mais, quen nunca esqueceu onde colocou a caixa das galletas? Ou quen non vestiu o xersei do revés? Ou quen non saíu de casa sen peitear o cabelo? Kyoki retrata un deses días catastrócos, mais é tamén unha homenaxe a todas as persoas maiores que asisten cada día ó proceso implacable do declive das súas capacidades vitais.