Jueves, 18 noviembre, 2021
Ás 20:00 horas
Xurxo Mariño (biólogo, experto en neurociencia e divulgador científico) ofrece unha charla sobre o papel da linguaxe na evaluación das crianzas.
Desenvolverase na Casa da Cultura do Milladoiro hoxe, xoves, 18 de novembro, ás 20:00 horas.
A actividade é de balde e está dirixida a público adulto.
INSCRICIÓN PREVIA do 10 ao 17 de novembro enviando un
correo a normalizacion@concellodeames.gal.
A linguaxe é a principal característica da natureza humana. Permite a elaboración e a transmisión de pensamentos complexos e é a ferramenta da
creatividade e das viaxes mentais a través do tempo. Ademais, é necesaria para a emerxencia da propia identidade individual: sen linguaxe a mente autoconsciente ten dificultades para se manifestar.