Viernes, 16 septiembre, 2022
- Tipo
- Tematica
As actividades de conmemoración da Semana Europea da Mobilidade comezan este venres, 16 de setembro, cunha marcha ciclista nocturna que partirá ás 22:00 horas da praza do Concello, en Bertamiráns.
Trátase dun percorrido sinxelo e ben iluminado, duns oito quilómetros, pensado para que toda a familia poida sumarse. Para participar cómpre inscribirse, enviando un correo ao enderezo electrónico mobilidade@concellodeames.gal, e levar chaleco reflector e casco durante a marcha.
