Solapas principales

>"Meco e sono" de Xarope Tulú e Xiana Arias

Viernes, 28 marzo, 2025
Ás 18.00 horas

O Concello de Ames presenta a programación infantil con Apego para o primeiro semestre do 2025 na que colaboran os departamentos de Bibliotecas, Cultura e Normalización Lingüística. O programa inclúe arredor de 40 actividades dirixidas a familias con crianzas que se desenvolverán entre os meses de xaneiro e xuño. Na ampla variedade de propostas, coas que tamén se festexará o ano das cantareiras, podemos atopar actividades que van desde arrolos, música de diferentes estilos, obradoiros, teatro, contos, picadiscos, novo circo, unha foliada, fotografía, xogos, unha viaxe, maxia e unha festaza con moito Apego, todas elas co obxectivo de achegarlles ás familias recursos lúdicos e culturais que estimulen o coñecemento e o apego pola lingua.

O día 28, na Casa da Cultura do Milladoiro, chegarán Xarope Tulú e Xiana Arias co seu "Meco e sono", un conto de arrolos para a primeira infancia. Deste xeito, as familias con crianzas de 0 a 3 anos, poderán introducirse nas técnicas e arrolos para aprender a aloumiñar as crianzas a través da historia de Fedello, un bebé que non dorme pola noite e que grazas á axuda de Meco e Sono consegue acougar e descansar profundamente.

A inscrición desta actividade está aberta do 20 ao 27 de marzo. Para participar, só hai que mandar un correo ao enderezo electónico normalizacion@concellodeames.gal. Para máis información, podes poñerte en contacto co servizo de Normalización Lingüística chamando ao número de teléfono 662 377 215.