- Tipo
- Tematica
O Concello de Ames oferta para o primeiro semestre de 2025 unha programación de artes escénicas composta por un total de 13 obras, de teatro, danza e circo, dirixidas para público adulto e infantil. A última das actuacións programadas será a da peza teatral "Mulleres que viven soas #MQVS", da compañía Berrobambán, que se representará o 16 de maio, ás 20.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica a partir do 8 de xaneiro.
O 16 de maio, como preludio ao día das Letras Galegas, representarase a obra “Mulleres que viven soas #MQVS”, de BerroBambán, no auditorio de Bertamiráns ás 20.30 horas. Unha peza que mestura o teatro documental, coa comedia e o teatro isabelino, narrando a historia de tres bruxas que plasman á perfección as diferenzas de como nos perciben, a como nos sentimos nós dentro das nosas casas.
Protagonizada polas Tres Bruxas que profetizan o ascenso de Macbeth ao trono na peza de Shakespeare, tres bruxas que encarnan os males deste mundo e que nos serven de referencia para rirnos da diferenza entre como nos ven (ou nos contan) e como nos sentimos nós dentro das nosas casas. Espectáculo híbrido entre o teatro documental, a standup comedy e o teatro isabelino interpretado por tres das contadoras de historias máis relevantes do país: Paula Carballeira, María da Pontragha e Vero Rilo. Tres mulleres excepcionais para dar voz e corpo a historias reais e personaxes femininas de cción.