Solapas principales

>O dragón de ouro (Sarabela teatro)

Viernes, 17 enero, 2025
Ás 20.30 horas

O Concello de Ames oferta para o primeiro semestre de 2025 unha programación de artes escénicas composta por un total de 13 obras, de teatro, danza e circo, dirixidas para público adulto e infantil. A primeira das actuacións será a da peza teatral "O dragón de ouro", da compañía Sarabela Teatro, que se representará o 17 de xaneiro, ás 20.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica a partir do 8 de xaneiro.

“O dragón de ouro”, de Sarabela Teatro, é unha peza de teatro contemporáneo dirixida a público adulto, na que os actores interpelan e interactúan directamente cos espectadores e narra temas como a trata de persoas ou a inmigración.

Unha noite, nun edicio de varios pisos, nalgún lugar de Europa un mozo chinés sofre unha forte dor de moa na cociña do restaurante de comida rápida Tailandés Chinés-Vietnamita, O Dragón de ouro. Non ten permiso de residencia, nin cartos e non pode ir ao dentista. O mozo tampouco atopa a súa irmá desaparecida e no seu edificio viven moitos veciños. Un dos veciños do Dragón de Ouro, un ancián quere retroceder no tempo mentres a súa neta, grávida, está diante das ruínas da súa relación. No piso de abaixo, un home, a quen deixou a súa muller, visita o seu amigo, un tendeiro enigmático que obriga a unha moza chinesa á prostitución.

Dúas azafatas comen no restaurante. Unha delas atopa e garda unha moa que caeu na súa sopa tailandesa. Intercalada entre as escenas, está inserida a Fábula da Cigarra que lle pide á Formiga que lle dea de comer durante o inverno. O conito central está no mundo mergullado de traballadores sen papeis. O autor, Schimmelpfenning, cunha mestría única tira da idea de necesidade, de límite e de desexo de mudar as condicións de vida para ofrecernos unha obra única con múltiples perspectivas.