Solapas principales

> “O que arde” de Oliver Laxe no anfiteatro do Milladoiro

Viernes, 4 septiembre, 2020
Ás 22:00

A actividade de Cine ao Aire libre que organiza a concellaría de Mocidade a través do programa de dinamización da economía e a cultura en Ames, AmesÓN, trae a Milladoiro a premiadísima película do galego Oliver Laxe: “O que arde”.

A proxección forma parte da rede Cultural da Deputación de A Coruña a través do programa “Visións”.

A proxección é de balde até completar aforo.

A historia de “O que arde” arranca cando Amador sae da cadea tras cumprir condena por ter provocado un incendio. Amador volve á súa aldea na montaña lucense onde convivirá, en medio da natureza, coa súa nais Benedicta, coa súa cadela Lúa e coas súas tres vacas.
 
“O que arde” acadou, entre outros premios, o premio do Xurado na sección “Un Certain Regard” no Festival de Cannes, o premio á mellor fotografía e á actriz revelación nos Goya, o premio á mellor película e ao mellor guión no Festival de Ma de Plata, 5 premios nos Feroz, incluído mellor guión e mellor dirección e o premio Gaudí ao mellor film europeo do 2019.