Solapas principales

A obra teatral A leituga

Viernes, 15 marzo, 2019
Ás 21.00h

A programación teatral prosegue en marzo coa obra A leituga, de Emedous, apoiada no texto de César Sierra e baixo a dirección de Víctor Duplá. O elenco, integrado por Antonio Durán ‘Morris’, Federico Pérez, María Vázquez, Mercedes Castro e Xosé Barato; danse cita o día 15 de marzo, ás 21.00h, na Casa da Cultura de Bertamiráns para falar de temas como a responsabilidade familiar, a felicidade, a eutanasia, a vida e a morte ou a decadencia da propia familia.

Así, A leituga aborda, en clave de humor, a realidade dunha familia a través dos diversos puntos de vista dos seus cinco membros, poñendo sobre a mesa os vínculos, lealdades e deslealdades, contas pendentes, asuntos non resoltos, parellas, irmáns, pais e fillos, e sentimentos como a culpa, o rancor e o sacrificio. Todo elo para abordar un conflito familiar moi común: que facer cos pais cando se achegan á morte? Unha cuestión onde tanto a moral como a ética xogan un importante papel.