Solapas principales

>Obradoiro: converte o teu ordenador nunha máquina recreativa

Sábado, 28 septiembre, 2024
Ás 11:30 horas

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL), coa colaboración da Concellaría de Benestar Social do Concello de Ames, organiza un obradoiro para converter o teu PC nunha máquina recreativa, Esta actividade está prevista para este sábado, 28 de setembro, de 11:30 a 13:30 horas, no Milladoiro.

Será impartida por persoal da Oficina de Software Libre de Ames dentro das súas actividades de divulgación das novas tecnoloxías en Software Libre.