De Sábado, 4 Marzo, 2023 hasta Domingo, 5 Marzo, 2023
Ás 11:00 horas
- Tipo
- Tematica
A Aula da Natureza organiza para o mes de marzo unha nova actividade, un obradoiro de cestería que será impartido por Julia da Cal, creadora do atelier de deseño, artesanía e excentricidades de La Parabólica. A primeira quenda deste taller terá lugar o sábado 4 (en horario de 11:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 19:00 horas) e o domingo 5 (de 11:00 a 13:30 horas). O día 4 todos os que o desexen poderán quedarse a comer nas instalacións da Aula da Natureza. As persoas que queiran anotarse deben enviar a ficha de inscrición ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal. Haberá unha segunda quenda desta actividade os días 11 e 12 de marzo.