Solapas principales

>Obradoiro de cómic en Bertamiráns

Sábado, 5 octubre, 2024
Ás 11.30 horas

A biblioteca de Bertamiráns acolle o sábado, 5 de outubro, ás 11:30 horas, un “Obradoiro de cómic”, da man de Santy Gutiérrez. Esta actividade estaba prevista para o sábado, 28 de setembro, pero por motivos alleos ao Concello de Ames houbo que adiala ao sábado 5 de outubro.

As inscricións poden realizarse do 16 ao 30 de setembro a través do enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal ou chamando ao número de teléfono 981 88 48 29 da biblioteca de Bertamiráns. Esta actividade enmárcase na programación de bibliotecas para o último trimestre do ano.