- Tipo
- Tematica
Entre o 16 e o 22 de setembro, os diferentes espazos de traballo que integran a Rede Provincial de Coworking da Deputación da Coruña, acollerán o evento Rede Coworking Fest, unha semana dedicada a promover a innovación, a colaboración e a cultura emprendedora a través dunha ampla variedade de actividades culturais e formativas. No espazo colaborativo A Proa, situado no parque empresarial do Milladoiro, vanse organizar dúas actividades: un encontro de emprendemento feminino o mércores 18 de setembro; e un obradoiro de mentalidade e vendas o 19 de setembro. Preme nesta ligazón para consultar a programación completa e inscríbete nas actividades.
O xoves 19 de setembro, de 10:30 a 12:30 horas, vaise impartir tamén no espazo colaborativo A Poa, o obradoiro de mentalidade e vendas. A través desta actividade os/as coworkers mergullaranse no mundo das vendas, identificando os desafíos que obstaculizan o seu camiño cara ás vendas. Tamén coñecerán a estrutura dunha chamada de vendas así como as obxeccións ou escusas máis comúns dos seus clientes.
Os obxectivos deste obradoiro son recoñecer e abordar bloqueos mentais e emocionais que obstaculizan o seu éxito nas súas vendas; coñecer a estrutura de vendas: recibirán pautas breves sobre como iniciar, desenvolver e pechar unha chamada de vendas con éxito, maximizando así as oportunidades de conversión nun tempo limitado; e abordar obxeccións comúns: recibirán consellos rápidos sobre como responder de maneira eficaz ás preocupacións e dúbidas dos clientes, transformando as obxeccións en oportunidades de peche de vendas.