Solapas principales

>Obradoiro infantil de xogos musicais e debuxo rítmico

Jueves, 18 marzo, 2021
Ás 18.00 horas.

O Programa Apego, do departamento de Normalización Lingüística, presenta o obradoiro de de xogos musicais e debuxo rítmico. Este espectáculo infantil realizarase no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, o xoves 18 de marzo, ás 18.00 horas. Esta actividade dirixida por Mirari Urruzola, de Babaluva Teatro, está orientada a nenos e nenas de 2 a 4 anos de idade.

Trátase dun obradoiro que mestura xogos, música , baile e debuxo para gozar en familia ao tempo que se fomenta o ritmo e a expresión corporal, artística e lingüística.

Precísase inscrición previa que se poderá facer, do 10 ao 17 de marzo, enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal. A actividade é de balde.