Solapas principales

>Obradoiros de circo en familia

Viernes, 2 agosto, 2024
De 17.00 a 19.00 horas

O Concello de Ames, a través do departamento de Deportes, organiza para este venres 2 de agosto unha actividade de circo en familia. Estes obradoiros completan a programación das festas da Madalena, que se celebrarán dende o 2 ata o 6 de agosto. A compañía Pistacatro produtora de soños será a encargada de poñer en marcha no Milladoiro unha Escola de Saltimbanquis para coñecer todos os segredos do mundo do circo. As actividades impartiranse de 17.00 a 19.00 horas na área deportiva do Milladoiro.

A programación das festas da Madalena complétase cuns obradoiros de circo en familia, que vai impartir o persoal da compañía Pistacatro produtora de soños. Serán o venres, 2 de agosto, na área deportiva do Milladoiro, de 17.00 a 19.00 horas. Para participar non é necesaria inscrición previa.

A proposta que trae Pistacatro ao Milladoiro é unha Escola de Saltimbanquis na que profesores/as formados/as en escolas de circo europeas serán os/as encargados/as de ensinarlles ás persoas participantes as distintas técnicas aéreas, acrobacias, equilibrios, pinchacarneiros, malabares e funambulismo, entre outras. Será unha actividade dirixida ás familias na que se desvelarán todos os segredos do mundo do circo.