Lunes, 30 noviembre, 2020
Äs 18:00
O Local Social de Transmonte acolle hoxe ás 18:00 horas a votación presencial dos Orzamentos Participativos 2020.
Para facer a votación de forma presencial hai que levar o DNI.
Cada persoa empadroada en Ames poderá votar nos 6 ámbitos ou partidas de gasto sobre as que se realizaron as propostas: investimentos rural, investimentos mocidade, actividades para mocidade, muller, cultura e medio ambiente. O referendado das dúas partidas de mocidade estará pechado ao censo comprendido entre os 16 e os 30 anos.
Cada persoa votará 3 propostas de cada ámbito ou partida de gasto. Así, asignaránselle 3 puntos á proposta máis valorada, 2 á seguinte e 1 punto á última.
Consultade o calendario de votacións premendo nesta ligazón.