- Tipo
- Tematica
O Concello de Ames oferta para o primeiro semestre de 2025 unha programación de artes escénicas composta por un total de 13 obras, de teatro, danza e circo, dirixidas para público adulto e infantil. Unha das actuacións será a da peza de danza contemporánea "Pioneiras", da compañía iXa, que se representará o 25 de abril, ás 20.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura no Milladoiro. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica a partir do 8 de xaneiro.
A segunda das actuacións de danza será a da peza "Pioneiras", da compañía iXa, que se representará o 25 de abril, ás 20.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. A obra, protagonizada por 9 mulleres, busca destruír os prexuízos asociados ao xénero e, deste xeito, tamén homenaxear e conmemorar ás mulleres que comezaron a loita pola igualdade. Outra das temáticas que se narra na obra é a procura de transformar a individualidade do ser humano.
Pioneiras recolle na súa identidade os principios fundamentais do proxecto iXa: traer á escena temáticas que xeren conciencia crítica e conecten coa humanidade, apostando por cuestións sociais, de perspectivas de xénero, de contido LGTBIQA+, etc. Pioneiras une nunha experiencia de danza innitos tipos de mulleres, abandeira o clixé e destrúe o prexuízo sobre o xénero. Homenaxea as pioneiras, as que iniciaron a batalla pola igualdade, acompaña as que seguen pelexando e conmemora as que non tiveron a oportunidade de vencer. Baixo a poética da modelaxe e a natureza, Pioneiras introduce á espectadora nun universo de almas fortes e loitadoras, nun mundo único de amor e respecto por cada individuo, pero sobre todo procura transformar a individualidade do ser humano na unidade dunha sociedade igualitaria.