ORDE DO DÍA:
A) PARA DAR CONTA:
1. Dar conta o Pleno da Corporación dos decretos ditados pola Alcaldía dende a última sesión plenaria ordinaria.
2. Dación de conta da Información periódica a render ao Pleno, correspondente ao 1º trimestre do exercicio 2021. 1º Execución do orzamento o remate do primeiro trimestre 2021. 2º Período medio de pago, de acordo co previsto no Real Decreto 635/2014, do 25 de xullo, modificado polo Real Decreto 1040/2017, de 22 de decembro. 3º Información trimestral de morosidade.
B) PARA DELIBERACIÓN E ACORDO:
3. Aprobación, se procede, de actas anteriores (acta da sesión ordinaria do 29.04.2021; acta da sesión extraordinaria do 06.04.2021).
4. Ratificación do decreto da alcaldía 1733/2021, do 18 de maio, de aprobación proxecto corrixido da obra de “Reparacións e mellora na Casa da Cultura de Bertamiráns”.
5. Modificación da denominación das Comisións Informativas Permanentes.
6. Declaración de interese público provincial no expediente de solicitude de subvención á Deputación da Coruña para o acondicionamento e mellora térmica da cuberta e fachadas da escola infantil municipal O Bosque en Bertamiráns (Ames).
7. Prórroga do contrato para a concesión da xestión da limpeza viaria e do punto limpo do Concello de Ames.
8. Aprobación do Plan Especial de Infraestruturas e dotacións na Travesía da Moa no Milladoiro.
9. Aprobación da décima modificación puntual da relación de postos de traballo (RPT) do Concello de Ames.
10. Resolución das alegacións e aprobación definitiva da ordenanza reguladora da ocupación de dominio público e espazos privados de uso público por terrazas e elementos vinculados á actividade comercial e hostaleira con fins non festivos.
11. Proposta do Grupo Municipal Socialista para promover unha nova redacción do Plan Forestal de Galicia (PFG) 2021-2042. R.E. 9690/2021.
12. Proposta do Grupo Municipal BNG en defensa dun modelo de enerxía eólica sustentábel, xusta e galega fronte o espolio e a depredación. R.E. 9727/2021.
13. Solicitude de comparecencia que presenta o grupo municipal popular con rexistro de entrada 4692/2021, do 17 de marzo.
C) MOCIÓNS.
D) PARA CONTROL DO GOBERNO:
14. Rogos e preguntas.