- Tipo
- Tematica
O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acollerá este mércores, 19 de maio, ás 20:00 horas, a presentación de “Intempestiva”, unha biografía literaria de Xela Arias. O libro, fai un percorrido da vida e obra de a quen este ano se lle adica o Día das Letras Galegas.
As Concellarías de Cultura e de Normalización Lingüística programaron para este mes de maio toda unha xeira de actividades encamiñadas a valorizar as nosas letras e dar a coñecer a Xela Arias, a poeta homenaxeada este ano.
Unha das actividades que forman esta ampla programación, é a presentación da obra “Intempestiva”, libro escrito pola filóloga e crítica literaria, Monste Pena. O volume é unha biografía literaria, de 132 páxinas, na que se fai un percorrido da obra e vida de Xela Arias, dende o seu nacemento (Sarria, 1962) ata a súa morte (Vigo, 2003). Pena emprega unha prosa próxima á narrativa, afastada de formalismos académicos.
Montse Pena, nada en Sada, é doutora en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballa como profesora no departamento de Didácticas Aplicadas da mesma universidade, o que compaxina coa crítica literaria na Radio Galega e coa investigación en didáctica da literatura e literatura infantil, os seus ámbitos de especialización.