- Tipo
- Tematica
Presentación do libro de Alfredo Conde, “Homes de ferro”, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns , ás 20.30 horas. É unha obra que trata a peregrinación por mar desde Irlanda a Santiago, de Ézaro Ediciones, que se encadra dentro dunha iniciativa que forma parte do programa para a promoción do Xacobeo por parte da Xunta de Galicia.
É a historia de catro homes que se embarcan nesta peregrinación marítima dende Irlanda a Santiago, a bordo do Naomh Gobnait, unha embarcación de madeira reconstruída.
Alfredo Conde estudou Naútica na Escola Superior da Mariña Civil en A Coruña e Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Traballou na mariña mercante e como profesor de varios colexios en Pontevedra. Na súa carreira política foi membro do Parlamento de Galicia e Conselleiro de Cultura da Xunta. Posteriormente foi membro do consello de administración da CRTVG, e colaborador en xornais como El País, Diario 16, ABC ou Le Monde. Tamén foi columnista diario en La Voz de Galicia e posteriormente en El Correo Gallego. Entre os seus numerosos premios literarios destacan o Nacional de Literatura en narrativa no 1986 e o Nadal en 1991.