- Tipo
- Tematica
O departamento de Normalización Lingüística de Ames organiza o sábado 20 de abril, na Casa da Cultura de Bertamiráns, a presentación do libro cos textos finalistas do XX Certame Literario de Ames, ao que acudirán as persoas gañadoras da edición de 2023. No acto, o Servizo de Normalización Lingüística presentará o libro cos textos gañadores da vixésima edición do Certame, e os autores e autoras lerán as súas propias creacións.
O libro inclúe todos os textos finalistas no XX Certame Literario de Ames, que se desenvolveu no ano 2023, e que recibiu un total de 167 traballos. Premiáronse dezaoito propostas que se repartiron entre as categorías de narrativa e poesía e entre as diferentes franxas de idade (maiores de 18, entre 14 e 17 anos e menores de 13). Os traballos gañadores procedían de catorce concellos, espallados por toda a xeografía galega. Deste xeito, entre a listaxe de premiadas atópanse obras con orixe en Ames, Negreira, Touro, Sada, Ames, A Coruña, Marín, Teo, Santa Comba, Nigrán, Arteixo, Carballo, Cangas, Lugo e Mos