O parque do Río Ameneiral acolle hoxe ás 22:00 horas a proxección de “Quen a ferro mata”, unha das últimas película do actor galego Luís Tosar.
A actividade, organizada pola concellaría de Mocidade a través da OMIX, encádrase dentro da programación de AmesON que impulsa os sectores económico e cultural de Ames.
A actividade é de balde até completar aforo
Dirixida por Paco Plaza e producida, entre outros, pola produtora galega Vaca Films, “Quen a ferro mata” conta, en clave de thriller, a historia de Mario, un enfermeiro que traballa nunha residencia de anciáns dun pobo da costa galega e a súa relación co narcotraficante Pablo Padín cando este, que acaba de saír da cadea, ingresa nese centro asistencia. A película, estreada no ano 2019, obtivo os premios Goya ao mellor actor revelación, Gaudí ao mellor actor secundario e Feroz ao mellor actor de reparto para Enric Auquer. Os galegos Xan Cejudo, Dani Currás e María Vázquez forman parte do reparto. co que o Concello pretende dinamizar os sectores cultural e comercial de Ames.