Solapas principales

> Recollida de cogomelos coa Aula da Natureza

Sábado, 15 octubre, 2022
de 10:00 a 14:00 horas

A Aula da Natureza está desenvolvendo as diferentes actividades que compoñen a programación de outono. Deste xeito, para os meses de outubro e novembro ten previsto impartir a actividade “Outono de cogomelos”, que consta de tres saídas para recoller cogomelos que se realizarán os días 1 e 15 de outubro e 26 de novembro. Son tres saídas de campo para mellorar o coñecemento sobre estes apreciados fungos. Trátase dunha actividade aberta a todos os públicos. O prazo para inscribirse nesta actividade estará aberto do 3 ao 13 de outubro. Para inscribirse nesta actividade hai que enviar a ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. A programación ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.

“Outono de cogomelos” é o título da actividade proposta pola Aula da Natureza para facer tres saídas para recoller cogomelos. Deste xeito, realizaranse dúas saídas guiadas no mes de outubro e outra máis no mes de novembro, a través das cales as persoas participantes poderán identificar e recoller cogomelos polas fragas, piñeirais, prados e carballeiras de distintas parroquias de Ames e de fóra do concello. Trátase dunha actividade aberta a todos os públicos na que se trata de impartir diversas nocións co obxectivo de coñecer mellor estes apreciados fungos.

Para as tres saídas haberá servizo de autobús dende a Casa da Cultura do Milladoiro e dende o Pazo da Peregrina, en Bertamiráns.