- Tipo
- Tematica
O Concello de Ames presenta a programación infantil con Apego para o primeiro semestre do 2025 na que colaboran os departamentos de Bibliotecas, Cultura e Normalización Lingüística. O programa inclúe arredor de 40 actividades dirixidas a familias con crianzas que se desenvolverán entre os meses de xaneiro e xuño. Na ampla variedade de propostas, coas que tamén se festexará o ano das cantareiras, podemos atopar actividades que van desde arrolos, música de diferentes estilos, obradoiros, teatro, contos, picadiscos, novo circo, unha foliada, fotografía, xogos, unha viaxe, maxia e unha festaza con moito Apego, todas elas co obxectivo de achegarlles ás familias recursos lúdicos e culturais que estimulen o coñecemento e o apego pola lingua.
O día 14, na Casa da Cultura do Milladoiro, chegará "Rosalía cantareira" de Jara Ortiz, unha proposta que achegará ás crianzas a parte musical de Rosalía de Castro. A través deste concerto didáctico, poderán descubrir as súas composicións, normalmente inspirados na música popular e tradicional, e tamén cantar algúns dos seus poemas máis recoñecidos.
A inscrición desta actividade está aberta do 6 ao 13 de febreiro. Para participar, só hai que mandar un correo ao enderezo electónico normalizacion@concellodeames.gal. Para máis información, podes poñerte en contacto co servizo de Normalización Lingüística chamando ao número de teléfono 662 377 215.