- Tipo
- Tematica
O Concello de Ames, a través dos departamentos de Medio Ambiente, Turismo e Promoción da Saúde, informa de que se adía a camiñada teatralizada polo Rego da Andoriña, “O segredo da andoriña”, que estaba prevista para este domingo 12 de novembro. Esa actividade trasládase ao domingo 19 de novembro. A través desa camiñada preténdese mostrar o valor histórico e paisaxístico das parroquias de Tapia e Piñeiro.
Para inscribirse nas actividades da programación de outono hai que enviar o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal indicando a actividade ou actividades nas que se quere participar. Haberá que enviar un impreso de inscrición por persoa. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 660 00 46 65.