- Tipo
- Tematica
A saída ó campo forma parte da programación das xornadas micolóxicas deste outono organizadas pola Aula da Natureza. Comezará ás 10.30 horas na Praza do Concello e rematará ás 16.00 horas aproximadamente. O número de prazas é de 50 previa inscrición enviando un correo a auladanatureza@concellodeames.gal.
Nesta segunda saída das xornadas micolóxicas deste outono recorreranse zonas de fóra de Ames, arredor de diferentes hábitats buscando diferentes especies de árbores, xa que dependendo destas atoparanse tamén diferentes tipos de cogomelos. A actividade estará dirixida pola experta Sira López para o mellor coñecemento destes fungos.
Existe un bus ás 10.15 horas dende a Casa da Cultura do Milladoiro.
Para máis información chamar ao número 660 004 665.