- Tipo
- Tematica
O xoves 10 de agosto haberá dobre sesións dos "Seráns de Ames" en Bugallido. Ás 19:30 horas dará comezo o contacontos "Conto contiño", con Bibiana Calvo e Divina Fernández. Así mesmo, Inventi Teatro representará a obra "A gran viaxe", unha comedia teatral que conta a historia da capitana Centella e o doutor Potasio, dúas personaxes que chegan coa súa nave á terra en busca do Ziscornio, un elemento necesario para salvar ao seu planeta dos bechos malignos que o están a destruír.
“Seráns de Ames” é unha programación de verán para todos os públicos que volve ao concello por terceiro ano consecutivo, despois de que no ano 2021 se estrease a iniciativa na praia fluvial de Tapia e no 2022 se ampliase á parroquia de Bugallido. Como en anteriores edicións, as doce actividades que conforman o programa desenvolveranse todos os xoves dos meses de xullo e agosto, habitualmente ás 19:30 horas.