Solapas principales

>SolporSon

Viernes, 18 junio, 2021
Ás 21.00 horas.

O SolporSon de Ames 2021 terá lugar o día 18 de xuño no campo da festa de Biduído, nas inmediacións da Factoría local, onde ensaia un dos grupos amesáns que forman parte do cartel do festival. O recinto estará pechado e o evento cumprirá todas as medidas de prevención  da COVID.

O público poderá gozar dende as 21:00 horas das diferentes actuacións musicais sentado en cadeiras. Poderás reservar o teu convite a partir das 14.00h do día 10 de xuño (entradas limitadas por aforo reducido) en woutick.es

As "portas" abriranse ás 20.30h. As persoas que adquiriran o seu convite e non se presenten ao concerto antes das 21.30h perderán o dereito de entrada, e poderán adquirila no momento as persoas que ata alí se acheguen.

Triska será o primeiro grupo que veremos enriba do escenario, 3 mozos de Ames que ensaian o seu rock no local da Factoria, con influencias da música dos 70 e 90, crean o seu estilo propio mesturando rock, funky e incluso heavy.

SonDaRúa é un grupo de rap galego formado en Ponteareas en 2016, unha das bandas con maior proxeción do panorama galego dos últimos anos a través de hip hop reivindicativo, de crítica social e política.

Pecha o cartel Verto,  un grupo independente de música pop, disco e trap galego que comezou en 2019. Está composto por Alberto Mira "Berto" e Fernando Peleteiro "Fer". Considerados un dos grupos máis influentes na creación de música pop en galego.