- Tipo
- Tematica
A segunda das catro obras da programación de artes escénicas de Ames da primeira metade de 2022 dirixidas ao público miúdo e familiar será “Asdomare”. A representación terá lugar o xoves 17 de marzo ás 18:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. “Asdomare”, recomendada para rapazada dos 6 aos 10 anos, é unha proposta de narración oral e música, que fala das mulleres do mar ou do mar de mulleres a través do teatro. As entradas xa están dispoñibles a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames.
Asdomare son as mulleres do mar ou o mar de mulleres. É a senda dos faros que alumean A Maruxaina, A pedra do cu da raíña, Os cantos das conserveiras... Todo o que o mar quita, todo o que o mar deixa.
Un espectáculo de narración oral e música a cargo da consolidada parella formada por Vero Rilo e Sonsoles Penadique.