- Tipo
- Tematica
A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle esta peza teatral do Grupo Chévere ás 21.00 horas. Cunha duración de 90 minutos, está destinada a un público adulto. As entradas xa se encontran dispoñibles na billeteira electrónica do concello.
Curva España é a historia da curva na que se matou España. Trata sobre un crime aparentemente sen resolver, unha morte violenta que provoca sospeitas e interrogantes sobre os seus autores, motivacións e consecuencias. A partir da existencia de distintas versións sobre o caso, Chévere artella unha peza que ironiza sobre o formato documental combinando teatro e cine en directo, bebe do xénero policial e funciona como unha alegoría da construción do estado nación español como se fose a promesa dun tren que nunca chegou.
Para máis información, pódese enviar un correo electrónico a cultura@concellodeames.gal ou chamar ao teléfono 981 535 940.