Viernes, 15 octubre, 2021
Ás 18.00 horas e ás 21.30 horas.
- Tipo
- Tematica
O venres 15 de outubro, ás 18.00 horas e ás 21.30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns, representarase a obra para adultos "Do pracer e da morte". Trátase dunha comedia da compañía A Feroz. Reserve o seu convite na billeteira electrónica.
A obediencia, a autoridade, a curiosidade, a subalternidade, o medo á extinción, a urxencia do desexo, a incerteza e a praga... todos estes elementos compoñen un fresco dunha humanidade que quizais non mudou moito nos derradeiros sete séculos.
En definitiva: Do pracer e da morte é unha danza da morte medieval no aparcadoiro do Carrefour un sábado pola tarde.