- Tipo
- Tematica
O venres 21 de xaneiro, na Casa da Cultura de Bertamiráns, a compañía Producións Teatrais Excéntricas presentará a comedia “Estrela do Día”, ás 20:30 horas. Tratarase dunha experiencia para que o público recupere a “fe” no teatro, a través de milagres, da inxenuidade e da nova inocencia. As entradas para a segunda obra da programación cultural de Ames do primeiro semestre de 2022 poderán adquirirse a partir do mércores 5 de xaneiro, a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames.
"Estrela do Día" é unha experiencia para que o público recupere a fe no teatro, o único lugar onde o milagre aínda é posible.
Baixo a batuta de director de Marcos Ptt Carballido, experto milagreiro, os comediantes levarán de novo os prodixios de maría ante os asombrados ollos dos espectadores máis descridos: a apoteose da nova inocencia, a inxenuidade regresa para salvar o mundo.