- Tipo
- Tematica
A última proposta do semestre da programación de teatro de Ames para o público miúdo e familiar será “Hugo”, da compañía Os Náufragos. A obra representarase o venres 1 de abril, ás 18:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Hugo é un rapaz con TEA (trastorno do espectro autista) ao que lle gustan os avións e o piano. A obra, dirixida á rapazada dos 4 aos 10 anos, fala da empatía e da beleza da diversidade. As entradas xa están dispoñibles na Billeteira electrónica do Concello de Ames.
Hugo é diferente. Gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo cada día. A Laia gústanlle falar e as plantas. Hugo ten TEA, trastorno do espectro autista. Hugo fala da empatía, da necesidade de comunicarnos e da beleza da diferencia.
Ser diferentes fainos grandes.