- Tipo
- Tematica
A compañía Talía Teatro achega a Ames, o venres 27 de xaneiro, unha nova obra dentro da programación de Ames Cultural para o primeiro semestre de 2023. A representación terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 20:30 horas. A duración aproximada é de 85 minutos. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames.
"Morte accidental dun anarquista" é un sainete político, unha disputada e reflexiva comedia, que, aínda cincuenta anos despois de ser escrita, segue aportando sons, que, dun xeito máis ou menos directo ou metafórico, segue reverberando aínda nos muros da actualidade. Orixinalmente escrita polo dramatugo italiano Dario Fo, foi estreada en 1970, e os sucesos narrados baséanse nun feito real ocurrido nos Estados Unidos, nos anos 20. Durante os tres anos seguintes á súa estrea foi a obra máis vista en Italia, sumando máis dun millón de espectadores.
Talía Teatro busca coa representación "unirnos á inmensa nómina de compañías que montaron, montan e montarán as súas pezas, e, entre elas, a máis emblemática de todas". Os clásicos é o que teñen, que as súas portas están sempre abertas a novas visitas: dos creadores e do público". As entradas para vela pódense comprar a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames.