- Tipo
- Tematica
A compañía Ghazafelhos Teatro achega a Ames a representación de "Ninja", que terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns o venres 3 de marzo, ás 18:00 horas. Trátase dunha obra lúdica e pedagóxica que aborda o acoso escolar a través de reflexións sobre o respecto, o apoio mutuo e a diversidade. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica do Concello de Ames.
Tori é unha nena que quere ser ninja para pasar inadvertida. Un día descobre que no cole tamén hai nenos e nenas que buscan pasar desapercibidos, pero non para ser ninjas, senón para que outros rapaces e rapazas non abusen deles. Coa axuda do señor Edelmiro, un velliño ao que Tori acode na procura dun consello, conseguirá que esas crianzas se fagan visibles e cambien as tornas na escola.